Participa na diversidade coa tua opinión

Participa e gaña unha das cinco entradas para o concerto de Rodrigo Leão!

Rodrigo Leão presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico, A Mãe. Texturas melancólicas marca da casa arroupan as emocións propias e alleas que o recoñecido compositor portugués foi recollendo nas súas viaxes polo mundo, coas que tece melodías nas que mestura unha certa sensibilidade pop ancorada nas intervencións de Stuart Staples, dos Tindersticks, e Neil Hannon, de The Divine Comedy, coa exquisita sofisticación nos arreglos que caracteriza os traballos de Leão e que nesta ocasión acadan unha nova dimensión grazas á colaboración da Sinfonieta de Lisboa.

Participa e gaña unha das cinco entradas que regalamos. Os afortunados deberán recoller a súa entrada no despacho de billetes do Auditorio a véspera do concerto, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e o mesmo día do concerto, só ata as 14:00. As entradas que non foran recollidas despois dese momento serán postas á venda.

Cal é o título do primeiro disco en solitario de Rodrigo Leão, publicado en 1993?
A. Alma Mater
B. Cinema
C. Ave Mundi Luminar
Cal destes grupos non fundou Rodrigo Leão?
A. Sétima Legião
B. The Gift
C. Madredeus
Que formación de música clásica participa no seu último disco, A mãe?
A. Sinfonieta de Lisboa
B. Nova Orquestra de Lisboa
C. Orquestra Nacional do Porto
Que estrela do trip-hop interpretaba un tema no disco Cinema
A. Beth Gibbons
B. Skye Edwards
C. Martina Topley Bird
Rodrigo Leão compuxo a música para unha serie portuguesa de televisión. Cal?
A. A alma e a gente
B. O que passou foi isto
C. Portugal – Um retrato social

O teu nome: 
Apelidos: 
O teu correo: 







Coa colaboración de: